
Monterrei acoge la presentación de la ‘Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia 2019’
14/12/2018
El C.R.D.O. Monterrei ratifica su colaboración con Expourense.
21/01/2019Querido 2018:
Faltan poucas horas para que chegues ao teu fin. Fuches un ano cheo de novas, de crecemento, de aprendizaxe…fuches un ano agradecido coa miña xente, xente que necesitaba abrazar a esperanza de novas oportunidades. Pero de novo, fuches un ano esixente co traballo, co esforzo, coa ilusión, coa implicación… pero querido amigo, eu xa te avisei ao comezo, a miña familia no tocante a iso nunca defrauda, ¿verdade?… Ese é o noso segredo, o segredo da nosa orixe, transmitido de xeración en xeración, dende fan 25 anos, dende os primeiros en confiar no noso proxecto, MONTERREI; aos que si me permites…GRAZAS.
Así creamos as nosas botellas de viño, ese é o segredo: a nosa terra e a nosa xente. E precisamente, cando falo da nosa xente, non podo evitar pensar no caprichoso que fuches, igual que os teus predecesores….por iso non nos vamos a despedir, porque as despedidas nunca serán sinxelas, así que, simplemente abrazaremos este novo ano 2019, estas 365 novas oportunidades que veñen. Nós prometemos seguir respectando o noso terruño, seguir apostando por un bo control e unha boa xestión por e para todos. Seguir crecendo, pero sobre todo seguir apostando pola nosa máxima, a nosa calidade diferenciada; porque sen dúbida, todo o cariño e mimo co que traballamos día a día está orientada a esa calidade. Só así, conseguiremos este orgullo, o orgullo do traballo ben feito, o orgullo de MONTERREI.
GRAZAS a todos os loitadores incansables polo voso compromiso con MONTERREI, polo voso compromiso co noso viño.
Brindemos por ese 2019!!!
Lara da Silva Rodríguez
Presidenta do C.R.D.O. Monterrei