
La D.O. Monterrei participa en la Barcelona Wine Week
30/01/2026O prazo de inscrición abrirase o 7 de marzo e permanecerá aberto ata o 18 do mesmo mes.
Verín, 5 de marzo de 2026. O Concello de Verín abre o vindeiro sábado 7 de marzo o prazo de inscrición para participar nas catas comentadas de viños da Denominación de Orixe Monterrei con maridaxe de produto galego, unha das actividades gastronómicas que se desenvolverán no marco da Feira do Lázaro 2026 en colaboración coa D.O. Monterrei.
As sesións celebraranse os días 21 e 22 de marzo no espazo de actividades do pavillón da feira, cun formato participativo que permitirá ás persoas asistentes coñecer mellor as características e posibilidades de maridaxe dos viños da comarca coa gastronomía galega.
As catas estarán impartidas polo director técnico da D.O. Monterrei, Miguel López, xunto co chef e xerente do restaurante O Segredo do Retiro, José Luis Prieto, quen achegarán unha visión conxunta desde o ámbito enolóxico e gastronómico para explicar as claves da combinación entre viños e produtos galegos.
O programa inclúe tres sesións:
Sábado, 21 de marzo | 12:15 – 13:00 h
Versatilidade dos viños brancos da D.O. Monterrei con produto galego
Sábado, 21 de marzo | 19:00 – 19:45 h
Versatilidade dos viños tintos da D.O. Monterrei con produto galego
Domingo, 22 de marzo | 12:15 – 13:00 h
Aprende a combinar os viños da D.O. Monterrei con produto galego
Cada sesión contará con 20 prazas dispoñibles e terá un prezo de 12 euros por persoa, polo que se recomenda realizar a inscrición con antelación.
Inscricións
O prazo de inscrición abrirase o 7 de marzo e permanecerá aberto ata o 18 do mesmo mes. As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación de varias maneiras:
Presencialmente na oficina OMIC, na Casa da Xuventude
Chamando ao teléfono 988 414 776
A través do correo electrónico blankylm@gmail.com
O pagamento deberá realizarse mediante ingreso na conta de Abanca (ES45 2080 5319 5130 0003 2477), enviando posteriormente o xustificante ao correo electrónico indicado e especificando nome e apelidos da persoa inscrita.
Estas actividades buscan poñer en valor a calidade e diversidade dos viños da D.O. Monterrei, ao tempo que se reforza a relación entre o sector vitivinícola e a gastronomía galega dentro dun dos eventos máis emblemáticos do calendario festivo e comercial de Verín.
Impartido polo director técnico da D.O Monterrei, Miguel Lopez junto con ell chef gerente restaurante O Segredo do Retiro, José Luis Prieto




