
Éxito de crítica na presentación dos viños de Monterrei en Bilbao
08/10/2025
A D.O. Monterrei participa en Gastrónoma Valencia
22/10/2025A Denominación de Orixe Monterrei concluíu a campaña de vendima 2025, alcanzando unha colleita histórica, con 8.072.785,7 quilogramos de uva colleitados.
Con respecto á cifra de variedades vendimiadas, colleitáronse 6.342.752 quilogramos de uva branca, mentres que de uva tinta foron 1.730.033,7 quilogramos, é dicir, 78,57 % de variedades brancas e o 21,43 % restante das tintas.
A campaña de vendima iniciouse o 07 de setembro, coa adega Francisco Pérez Diéguez e finalizou o 10 de outubro, sendo Manuel Regueiro García e Pazo das Tapias as últimas adegas en comunicar o peche do período de recolección de uva.
Esta campaña caracterizouse polo excelente estado fitosanitario das uvas, cun perfecto equilibrio entre grao alcohólico e acidez.
A pesar dos incendios do pasado mes de agosto, o grao de afectación sobre o viñedo rexistrado na D.O. Monterrei, non supuxo un descenso relevante da área de produción, superándose por primeira vez os oito millóns de quilogramos de uva, o que supón un 5% máis que na campaña do 2024.
O presidente do Consello Regulador, Manuel Vázquez Losada manifesta que, “estes datos débense ao incremento de hectáreas na nosa base territorial pasándose de 795 na pasada campaña ás 852 actuais”. Así mesmo, o presidente quere “lembrar e agradecer o traballo de viticultores e adegueiros, durante todo o ano, xa que sen eles, isto non sería posible”.




