
A colleita 2024 da D.O. Monterrei recibe a cualificación de “moi boa”
07/07/2025
Os viños da D.O. Monterrei toman terrazas, restaurantes e vinotecas de Valencia coa “Ruta Viño do Verán”
11/07/2025A XVIII Feira do Viño de Monterrei terá unha pregoeira de luxo. A actriz, guionista e directora Mariana Carballal, será a encargada de efectuar o pregón que dará inicio a esta celebración. Unha persoa fortemente vinculada co territorio e que leva a denominación de orixe Monterrei sempre consigo.
A realización do devandito pregón está enmarcado dentro dos actos previstos para a xornada inaugural da feira. Despois da celebración da Confraría dos Viños de Monterrei, na Igrexa Parroquial de Verín, terá lugar a inauguración oficial da nova edición desta feira do viño. A mesma será o 08 de agosto, a partir das 20 horas, na praza García Barbón de Verín.
Mariana Carballal naceu en Albarellos (Monterrei). Licenciada en Arte Dramática pola RESAD de Madrid e posgraduado en Estudos Teatrais e Cinematográficos pola Universidade da Coruña. Profesora de interpretación na ESAD de Galicia, de Dirección en Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo e de Interpretación para Cámara en UMinho. Directora, guionista e actriz de teatro, TV e cinema. Participou en películas e series como Vivir sin permiso, Fariña, Elisa y Marcela, 22 Ángeles, Secretos, Sinbad, La piel que habito, Matalobos, Hospital Central ou Pratos Combinados. Ademais de actuar en obras como El Embrujado, Las galas del difunto, Asamblea de mujeres ou La petición de mano, entre outras. Posúe o premio Galicia en Feminino 2004, outorgado pola Xunta de Galicia en recoñecemento á súa achega á visibilidade das mulleres no ámbito da dirección, Xociviga de Honra en 2016 ou Premio OUFF Ourense 2023.




