CRDO Monterrei. Father 1943

 
A adega

Situada en Vilamayor do Val, a adega atópase rodeada por 10 hectáreas de viñedo propio, onde se cultivan as principais variedades da zona, con especial protagonismo do Godello e Mencía. Todo iso acompañado dunha aposta firme polo enoturismo, ofrecendo unha experiencia única en plena natureza.

A súa arquitectura combina modernidade e tradición; a adega, formada por tres cubos revestidos en pedra e aceiro, intégrase de xeito harmónico na paisaxe, respectando coidadosamente a contorna ao tratarse dunha leira singular.

Father 1943 é un proxecto que nace da man de vellos coñecidos do mundo do viño, unidos pola paixón, o esforzo e a dedicación. En definitiva, unha proposta que mira ao futuro sen renunciar ás súas raíces: “tempos novos con vellas receitas”

Father 1943
 

Datos de Interese

Nome da adega: Father 1943

Persoa de contacto: Asunción Rodríguez

Dirección: Rúa da Igrexa,1, 32627, Villamayor del Valle - Verín (Ourense)

Tlf: +34 606696059

Email: asun@father1943.com

Web: www.father1943.com

 


Father 1943 Imaxes