Manuel Vázquez Losada


CRDO Monterrei. Manuel Vázquez Losada

 
A adega

Manuel Vázquez Losada é un xove empresario interesado na viticultura a que chega da man de seus avós e pais, xa que de sempre nas suas familias houbo viñedos que destiñaban unha parte o autoconsumo pero que tamén se despachaba no bar do poba que de sempre rexentou a familia de seu pai.

De ahi surxio a primeira idea, e xa con canle de comercializacion aberto, Manuel empezou a interesarse polas viñas familiares, por melloralas, por coñecer as variadades, o manexo, o que o levou as primeiras elaboracios propias de autoconsumo, pero tamén a coñecer mais a mais o sector, as suas xentes, podendo decirse que surxio o amor, aprendendo a disfrutar das catas pero tamén da poda, dos coidados, da observación.

Esto foi unha viaxe sen volta, e así dende a pequna adega de Manolo e Carmen, seus avós, dicidio que ali onde o Manolo fixera os viños para disfrutar en familia, el iba a adaptala para tratar de meter todas aquelas vivencias nunha botella. e como non en homenaxe eles o primeiro viño iba chamarse "Fanrela".

A pequena bodega sita no barrio da igrexa de Castrelo do Val, conta cos medios necesarios para elaborar viños brancos e tintos, das variedades preferentes desta xoven Denominación de Orixe, na que se acolleran os viños.

Pero si a consecución da adega, xa foi un logro, o empeño de Manuel e na Viticultura, así esta a escoller localizacións senlleiras no Concello, alí onde a tradición situou sempre os mellores uvas, nas encostas hacia Gondulfes, no paraxe coñecido como "A Pousa" ali se asentan o principal viñedo desta adega, que ademais terá o toque máxico e familiar das uvas do "Lito" persoaxe imprescindible da historia de Castrelo, e alter ego de Manuel.

Estamos empezando, pero invitamosvos a seguirnos no deveñir máxico do viño, queremos estar presentes con vos nas vosas celebracions, nos vosos momentos familiares e amistosos, e queremos sorprendervos a través de nosos viños.

Variedades de uva

Godello, Treixadura e Dona Blanca

Marcas comerciais

Fanrela

Manuel Vázquez Losada

Datos de Interese

Nome da adega: Manuel Vázquez Losada

Persoa de contacto: Manuel Vázquez Losada

Dirección: Rúa Igrexa, 7, 32625, Castrelo do Val (Ourense)

Tlf: +34 686 764 371

Email:  cdvbardolito@gmail.com


Manuel Vázquez Losada Imágenes