Serra de Alén


CRDO Monterrei. Serra de Alén

 
A adega

Manuel Regueiro García é membro dunha familia cuxa dedicación á produción de uvas e de viño remóntase varias xeracións atrás, ata chegar actualmente á cuarta xeración.

Por tanto, dende hai moito tempo dispoñen de viñedos e tamén de bodegas para o autoconsumo.
Nos últimos anos, vén comercializando viños de D.O. Monterrei, elaborados noutras bodegas dentro da modalidade por/para, coa marca Serra de Alén e cun rexistro sanitario para a distribución.

Os seus viñedos están acollidos á D.O. Monterrei e, segundo consta no rexistro vitícola, Manuel Regueiro conta con 3 Ha. 78 A. e 69 ca. de viñedo dentro da D.O. Monterrei.

Con esta bagaxe de tradición e saber facer, a familia decide finalmente poñer en funcionamento unha nova adega inscrita na D.O. Monterrei, tendo en conta as dificultades íntrinsecas á elaboración de viños cunha personalidade propia e a partir de viñedos localizados en paraxes moi determinadas da zona de Feces de Abaixo.

Este obxectivo proxéctase a través dunha mellora nas vellas instalacións familiares, onde xa elaboraba seu avó.

O arraigo na tradición xa o amosou o seu pai, tamén Manolo, que participou naqueles certames de concursos de viños, que se facían coincidir coas Feiras de San Lázaro en Verín. Alí, xa resultou gañador Manuel Regueiro (pai).

Manuel Regueiro non pretende máis que elaborar as súas propias uvas, e facelo naquel espazo que a nostalxia alenta. Isto implica a recuperación da vella bodega de seus avós, tratando de manter aqueles elementos e a localización orixinal, pero coidando do cumprimento das esixencias sanitarias e industriais, e aplicando as novas técnicas e equipos de elaboración.

Os nosos viños, que enraízan na historia mesma, recollen a esencia dos viñedos localizados nas Malladas e na Serra de Alén. Dous viñedos nunha localización privilexida, perfectamente orientados ao suroeste, con solos de baixa fertilidade onde resaltamos as arxilas no primeiro e os solos graníticios no segundo.

Aí, as castes, cultivadas con esmero e coidadas coma sempre fixo a familia, son Treixadura e Godello, con algo de Dona Branca e Albariño en brancos. E Mencía, con algo de bastardo que aínda vai entrar en produción.

Co noso saber facer, o técnico enólogo Pablo Estévez cada tempada recibe as mellores uvas que nós e mais o clima somos capaces de acadar e, unha vez na bodega, imos seguir mimando os froitos para que os avanzados equipos plasmen, ano a ano, todo o noso esforzo nos viños que indentificamos coa marca SERRA DE ALÉN.

Variedades de uva

Godello, Treixadura, Doña Branca, Albariño e Mencía

Serra de Alén

Datos de Interese

Nome da Adega: Serra de Alén

Persoa de contacto: Manuel Regueiro García

Dirección: Rúa da igrexa 8, Feces de Abaixo, 32699, Verín,(Ourense)

Tlf: +34 676966322 / +34 988426620

Email: info@serradealen.es

Web: www.serradealen.es


Serra de Alén Imaxes