O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei recibiu unha axuda da Unión Europea con cargo ao Plan Estratéxico da Política Agrícola 2023-2027 (Feader), para actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada.
As actividades subvencionables son:
- Accións promocionais, tales como:
- Catas comentadas.
- Degustacións.
- Presentacións públicas, en particular, as accións para a mellora da imaxe e presentación do produto.
- Accións publicitarias:
- Publicidade en medios de comunicación, internet, revistas e guías especializadas.
- Accións de relacións públicas e misións comerciais.
- Creación, deseño e actualización de páxinas web publicitarias e/ou redes sociais.
- Banners.
- Anuncios publicitarios na rede.
- Información e difusión dos requisitos técnicos do réxime de calidade e coñecementos científicos relacionados con el.
- Organización de misións comerciais directas ou inversas.
- Elaboración de material divulgativo e de promoción.
- Accións dirixidas á organización, ao patrocinio e/ou á participación en foros, intercambio de coñecemento entre empresas, concursos, exhibicións, exposicións, feiras, visitas educativas e outros eventos.
- Gastos derivados das actividades subvencionables indicadas anteriormente.
- Desprazamentos, gastos de manutención e aloxamento do persoal vinculado ao proxecto.
- Custos de persoal adscrito ao proxecto.
- Gastos derivados da coordinación e cooperación.