
Máis de 35.000 degustacións vendidas na XVIII Feira do Viño de Monterrei
03/09/2025
Os viños da D.O. Monterrei viaxan a Xixón
20/09/2025Mañá 07 de setembro comeza a campaña de vendima no territorio amparado baixo a Denominación de Orixe Monterrei.
A primeira adega en iniciar as tarefas de recollida de uva, neste 2025, será Francisco Pérez Diéguez situada na localidade de Mandín (Verín).
Sobre a D.O. Monterrei
A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra, Castrelo do Val, Laza e Cualedro. Está conformada por 29 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 798,10 hectáreas de territorio nas que traballan 381 viticultores.




