
A D.O. Monterrei presenta os seus viños en Xixón, con gran éxito de crítica e público
24/09/2025
A D.O. Monterrei desembarca en Barcelona cun exitoso salón profesional
30/09/2025A D.O. Monterrei promoverá este luns 29 de setembro, un showroom en Barcelona, no que estarán presentes 45 viños do territorio.
Entre as 16 e 21 horas, o Hotel Alexandra será testemuña desta actividade promocional da denominación, destinada á canle Horeca, distribución, sumilleres, vinotecas e medios de comunicación, entre outros. Durante a mesma ademais de recibir información sobre a zona vitivinícola, poderanse coñecer as diferentes tipoloxías de viños, variedades de uva ou características edafoclimáticas.
Así mesmo poderán descubrir o produto que se elabora na denominación, da man das 21 adegas que participan nesta acción: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Minius, Terras do Cigarrón, Triay, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Fausto Rivero (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada, Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff (Ramón Bigotes) e Terra de Godello.
“A realización desta acción na Cidade Condal busca reforzar o traballo realizado, ano tras ano, en BWW, e promover un evento propio permítenos mostrar as potencialidades e singularidades da nosa denominación dun modo persoal e exclusivo”, resalta o presidente da entidade, Manuel Vázquez Losada.




