
Información aos/as viticultores/as da Denominación de Orixe Monterrei sobre o envío e a data de validación da colleita 2025 e declaración ao FOGGA
03/12/2025O Consello Regulador da D.O. Monterrei, continuando coa aposta pola promoción e o desenvolvemento de negocio das súas adegas, acaba de organizar a visita dunha delegación internacional procedente de Finlandia, Dinamarca, Alemaña, Países Baixos e Suíza.
Esta iniciativa contou coa participación de Heidi Makinen (Master of Wine), Thomas Rydberg (xornalista especializado), Alexandra Banhidi (presidenta da Asociación de Sumilleres de Suíza), Michaela Daffner e Wieger Roelevink (responsables de compras, respectivamente). Ao longo de tres días formaron parte dun intenso programa que incluíu visitas a adegas, para coñecer os seus proxectos, descubrir os seus viñedos e achegarse ás súas elaboracións. Nesta ocasión sumáronse a esta iniciativa as adegas Ladairo, Triay, Fragas do Lecer, Gargalo e Terras do Cigarrón. Ademais, o programa de actividades tamén contemplou unha masterclass na sede da entidade, co obxecto de ofrecer información sobre este territorio vitivinícola, as súas singularidades edafoclimáticas, variedades de uva, tipoloxía de viños e evolución da denominación nas últimas décadas. Sen esquecer, a parte máis práctica, a través da realización dunha cata con 43 referencias pertencentes a 21 adegas rexistradas no Consello Regulador.
“Trátase da primeira ocasión que realizamos unha misión inversa propia destas características”, destaca o presidente da entidade, Manuel Vázquez Losada. “A mesma permite que os profesionais coñezan de primeira man a nosa denominación vitícola, e poidan facerse unha completa idea do traballo que se está realizando por parte das adegas; así como do Consello Regulador para fidelizar ou incrementar a cota de mercado dos nosos viños nos seus respectivos países”.




