CRDO Monterrei Tipos de Viño

Tipoloxías de Viño amparadas
Branco Monterrei: Elaborado con algunha das variedades brancas admitidas pola D.O. Monterrei.
Terán unha graduación alcohólica adquirida mínima en volume do 11%, así como unha acidez volátil máxima de 0,75 gramos por litro.
Unha acidez total mínima de 4,5 gramos por litro de tartárico, ademais dun contido en sulfuroso non superior a 200 miligramos por litro.
Rosado Monterrei: Elaborado cun mínimo do 85 % de uvas de variedades tintas admitidas pola D.O. Monterrei.
Terán unha graduación alcohólica adquirida mínima en volume do 11%, así como unha acidez volátil máxima de 0,80 gramos por litro.
Unha acidez total mínima de 4 gramos por litro de tartárico, ademais dun contido en sulfuroso non superior a 200 miligramos por litro.
Tinto Monterrei: Elaborado con algunha das variedades tintas admitidas pola D.O. Monterrei.
Terán unha graduación alcohólica adquirida mínima en volume do 11%, así como unha acidez volátil máxima de 0,80 gramos por litro.
Unha acidez total mínima de 4 gramos por litro de tartárico, ademais dun contido en sulfuroso non superior a 150 miligramos por litro.
Os viños brancos e tintos de Monterrei, sometidos a un proceso de envellecemento en barricas de carballo, poderán empregar os termos Barrica, Crianza, Reserva e Gran Reserva, segundo a lexislación vixente.
Estes viños terán unha graduación alcohólica adquirida mínima en volume de 12% no caso dos tintos, e de 11,5% no caso dos brancos.
Ademais, unha acidez volátil máxima de 1,08 gramos por litro para os viños brancos e de 1,2 gramos para os tintos.
Así mesmo, unha acidez total mínima de 4,5 gramos por litro de tartárico para os brancos e 4 gramos para os tintos; e un contido en sulfuroso non superior a 150 miligramos por litro no caso dos tintos e de 200 miligramos para os brancos.

Perfil Característico
Branco Monterrei
Fase visual: Limpo e brillante, cor de amarelo pálido a dourado.
Fase olfativa: Olores a froita de calquera das seguintes series:
- Froitas das árbores ou froitas tropicais.
Fase gustativa: Aromas de froita de calquera das seguintes series:
- Froitas das árbores ou froitas tropicais. Equilibrado en alcohol-acidez. Persistencia media ou alta.
Rosado Monterrei:
Fase visual: Limpo e brillante, de capa baixa ou media. Cor que vai dende o rosa pálido ata o vermello cereixa.
Fase olfativa: Cheiros froitais de algunha das seguintes series:
- Froitos vermellos ou froitos negros.
Fase gustativa: Aromas froitais de algunha das seguintes series:
- Froitos vermellos ou froitos negros. Equilibrados en relación alcohol-acidez. Persistencia media ou alta.
Tinto Monterrei
Fase visual: Limpa e brillante, media ou alta. Cor que vai do vermello violeta ao vermello castaño
Fase olfativa: Olores a froita de calquera das seguintes series:
- Froitas vermellas ou froitas negras.
Fase gustativa: Aromas de froita de calquera das seguintes series:
- Froitas vermellas ou froitas negras. Equilibrio na relación alcohol-acidez. Persistencia media ou alta

Cualificación
| Cualificación | |
|---|---|
| 2012 | MB |
| 2013 | MB |
| 2014 | MB |
| 2015 | MB |
| 2016 | EXCELENTE |
| 2017 | MB |
| 2018 | MB |
| 2019 | MB |
| 2020 | MB |
| 2021 | MB |
| 2022 | MB |
| 2023 | EXCELENTE |
| 2024 | MB |

Blanco Monterrei (Barrica, Crianza, Reserva e Gran Reserva)
Fase visual: Limpo e brillante, cor de amarelo pálido a dourado.
Fase olfativa: Olores a froita de calquera das seguintes series:
- Frutas de árbol o frutas tropicales y además, también deben de tener olores de alguna de las siguientes series: especiados o tostados.
Fase gustativa: Aromas de froita de calquera das seguintes series:
- froitas de árbores ou froitas tropicais e, ademais, tamén deben ter aromas a calquera das seguintes series: especiados ou torrados. Equilibrado en alcohol-acidez. Persistencia media ou alta.
Tinto Monterrei (barrica, crianza, reserva e gran reserva)
Fase visual: Limpo y brillante, de capa medio ou alta. Cor que vai dende o vermello violeta ao vermello castaño
Fase olfativa: Olores a froita de calquera das seguintes series:
- Froitas vermellas e froitas negras e, ademais, tamén deben ter olores a calquera das seguintes series: especiados ou torrados.
Fase gustativa: Aromas de froita de calquera das seguintes series:
- Froitas vermellas e froitas negras e, ademais, tamén deben ter aromas a calquera das seguintes series: especiados ou torrados. Equilibrado na relación alcohol-acidez. Persistencia media ou alta.
Descubre unha paisaxe bañada polas cores do viño, a historia e

