Reportando ao Consello, será a persoa responsable da xestión da denominación de orixe e sendo o catalizador da xestión financeira da mesma.
Realizará entre outras as seguintes funcións:
– Supervisar as tarefas administrativas e financeiras e xestionar o orzamento do consello regulador.
– Participar activamente na creación e implementación de estratexias de promoción e comercialización dos viños, poñendo especial énfase en tácticas financeiras e de Marketing.
– Establecer e manter relacións sólidas cos produtores de viño, brindando un apoio e orientación cando sexa necesario.
– Interactuar coas autoridades gobernamentais e outras organizacións relacionadas coa regularización da industria do viño, para garantir o cumprimento das normativas.
Requisitos:
– Formación universitaria en ADE ou similar.
– Experiencia de máis de 3 anos en roles de Xerencia/Dirección Financeira.
– Dispoñibilidade para viaxar.
– Alto nivel de comunicación en inglés.
– Bo nivel de galego.
Buscamos a un/a profesional con experiencia en xestión, con enfoque financeiro, capaz de liderar cambios e habituado/á liderar equipos. Se está interesado/a en este posto de traballo e considera que cumpre co perfil, envíe o seu CV a: gerentecrdomonterrei@gmail.com