
Os viños de 18 adegas da Denominación de Orixe Monterrei estarán presentes en Prowein 2026
12/03/2026
Concurso para a selección do cartel da “XIX Feira do Viño de Monterrei”
01/04/2026A sede da entidade acolleu unha reunión do Comité de Certificación da Denominación de Orixe Monterrei, co obxectivo de avaliar a certificación dunha nova adega dentro do territorio vitivinícola de Monterrei.
Constatado por comité de certificación que esta nova adega cumpre todos os requisitos necesarios, a adega Father 1943 (Rectoral del Monaguillo, S.L.) (situada en Vilamaior, Verín) passa a certificar os seus viños baixo a tipoloxía de viño branco Monterrei.
Con esta incorporación son xa 30 as adegas rexistradas e certificadas pola Denominación de Orixe Monterrei, que abarca os concellos de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra, Castrelo do Val, Laza e Cualedro. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 852 hectáreas de terreo, nas que traballan 397 viticultores.




