
O D.Ou. Monterrei inicia a campaña de vendima 2026 coa recollida das primeiras uvas
17/08/2026A décimo novena edición da Feira do Viño de Monterrei convértese na máis exitosa de toda a traxectoria desta cita enogastronómica, cun balance histórico que supera as 36.000 degustacións vendidas.
A elevada afluencia de público durante as tres xornadas, procedente tanto de distintos puntos do territorio nacional, como do resto de Galicia e o norte de Portugal, confirma a consolidación da Feira como un dos principais escaparates dos viños de Galicia.
Os resultados alcanzados este ano son froito dunha aposta decidida pola renovación, a innovación e a promoción da Feira do Viño, impulsada os últimos anos polo actual presidente do Consello Regulador do D.Ou. Monterrei, Manuel Vázquez.
A incorporación de novas propostas e a mellora de distintos aspectos da feira buscan achegala ás novas xeracións e reforzar a experiencia do conxunto dos asistentes, á vez que contribúen a poñer en valor e ampliar o coñecemento sobre o produto e a cultura vitivinícola vinculada ao territorio de Monterrei.
A resposta dos asistentes tamén quedou patente nas actividades complementarias programadas durante a feira. As catas e os showcookings con produtos de experiencias de calidade completaron as súas prazas unha semana antes do inicio do evento, demostrando o elevado interese existente polas propostas vinculadas ao viño, a gastronomía e o coñecemento dos produtos do territorio.
Ademais, un dos principais cambios experimentados nos últimos anos produciuse no ámbito gastronómico. Ampliouse e diversificado a oferta de postos de comida durante a celebración, logrando duplicar o número de propostas respecto a edicións anteriores. Esta evolución permite ofrecer unha maior variedade de opcións culinarias aos miles de visitantes que se desprazan ata Verín durante estes días.
Manuel Vázquez, presidente do Consello Regulador do D.Ou. Monterrei, destaca que “os datos reflicten o traballo realizado durante meses e a aposta por renovar a feira. Queriamos que esta edición fose diferente, que chegase a máis xente e, especialmente, que fose capaz de atraer a novos públicos. Superar as 36.000 degustacións demostra o potencial dos viños de Monterrei e que o camiño emprendido está a dar resultados. O éxito deste evento é das adegas participantes, grazas ao seu esforzo e involucramento, así como de todos os asistentes”.




