
Finaliza a campaña de vendima da D.O. Monterrei co seu máximo histórico: 8,77 millóns de quilos de uva
02/10/2026
A denominación participou en dúas xornadas profesionais organizadas por ACRUAGA nos Países Baixos co obxectivo de reforzar a proxección internacional dos viños galegos e favorecer o contacto cos profesionais do sector vitivinícola neerlandés.
A Denominación de Orixe Monterrei participou en dúas xornadas profesionais de promoción celebradas nos Países Baixos, no marco da iniciativa impulsada pola Asociación dos Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das Indicacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA).
As actividades tiveron lugar o luns 19 de outubro no espazo LuminAir, en Ámsterdam, e o mércores 21 no Hulstkamp Gebouw, en Róterdam. Ambos os encontros reuniron profesionais do sector vitivinícola interesados en coñecer a diversidade, a calidade e a singularidade dos produtos galegos amparados por selos de calidade diferenciada.
A D.O. Monterrei estivo representada xunto coas demais denominacións de orixe vitivinícolas galegas e as indicacións xeográficas dos augardentes e licores tradicionais de Galicia, nunha acción conxunta destinada a dar visibilidade á oferta vitivinícola e de destilados da comunidade no mercado neerlandés.
Durante as dúas xornadas, os asistentes puideron descubrir e degustar unha selección de viños e bebidas espirituosas galegas, ademais de participar en actividades profesionais orientadas a ampliar os seus coñecementos sobre os produtos, os seus territorios de orixe e as súas características diferenciais. O programa incluíu unha masterclass dirixida a profesionais do viño e unha degustación con representación dos seis consellos reguladores participantes.
O presidente da D.O. Monterrei, Manuel Vázquez, destacou o interese estratéxico do mercado neerlandés para as exportacións galegas de viño e salientou o valor destas iniciativas para favorecer a proxección comercial dos produtos amparados polos consellos reguladores.
A participación nestas xornadas enmárcase na estratexia de internacionalización da D.O. Monterrei, orientada a reforzar a súa presenza nos mercados exteriores e dar a coñecer entre os profesionais do sector as particularidades do seu territorio vitivinícola, as súas variedades autóctonas e a calidade dos seus viños.
As xornadas
- ÁmsterdamLuns 19 de outubroLuminAir
- RóterdamMércores 21 de outubroHulstkamp Gebouw
- Organiza
- ACRUAGA
- Programa
- Masterclass para profesionais e degustación dos seis consellos reguladores participantes







