
A D.O. Monterrei mostra en Madrid a personalidade dos seus viños nun exclusivo túnel de viños .
16/06/2026Os viños da Denominación de Orixe Monterrei estiveron presentes na cidade de Santander o pasado día 22 de xuño nun showroom profesional celebrado no exclusivo Gran Casino Sardinero nunha localización privilexiada fronte á Praia do Sardinero.
Está presentación permitiu aos asistentes profesionais descubrir o potencial e a versatilidade dos viños de Monterrei co obxectivo claro de dar a coñecer a calidade, diversidade e personalidade dos viños elaborados neste territorio vitivinícola nunha cidade tan importante como Santander.
Neste showroom organizado polo propio Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei os asistentes puideron degustar 45 referencias (29 viños brancos e 16 viños tintos) de 22 adegas amparadas baixo o selo de calidade da Denominación. As adegas asistentes foron: Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Ladairo, Fragas do Lecer, Minius, Daniel Fernández (Alba Ao-Bar), Franco Basalo, Trasdovento, Triay, Terras do Cigarrón, Pazo de Valdeconde, Vía Arxéntea, Tabú, Terra de Godello, Gargalo, Father 1943, Crego e Monaguillo, Manuel Regueiro García (Serra de Alén), Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Ramón Bigotes, Quinta do Buble, Jose Luis Gómez Ibáñez (Valderello) e Manuel Vázquez Losada.
“Santander representa un mercado de gran interese para os nosos viños. Este showroom permítenos mostrar de primeira man a calidade e autenticidade das nosas elaboracións, así como fortalecer a relación con profesionais que desempeñan un papel fundamental na difusión da cultura do viño de Monterrei”, indica o presidente do C.R.D.Ou. Monterrei, Manuel Vázquez Losada.
Sobre a D.O Monterrei
A D.O. Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra, Castrelo do Val, Laza e Cualedro. Está conformada por 30 adegas. Os viñedos deste D.O. ocupan un total de 852 hectáreas de territorio nas que traballan 397 viticultores.




