
Calidade, tradición e modernidade: Verín acolle a XVIII edición da súa feira vitivinícola máis emblemática
04/07/2025
A directora, guionista e actriz Mariana Carballal, pregoeira da XVIII Feira do Viño de Monterrei
09/07/2025A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei acolleu a Cata de Cualificación da Colleita 2024.
Nesta cata participaron representantes de asociacións profesionais, medios de comunicación, Consellos Reguladores vivinitícolas e do panel oficial da denominación, que cualificaron como “moi boa” a anada 2024 dos viños de Monterrei. Devandito equipo de cata destacou: “todo o que se probou estaba moi bo, son viños moi frescos, con moita personalidade e que reflicten moi ben o terroir de Monterrei, tanto en branco como en tintos”.
Co obxecto de valorar a presente colleita, unha representación proporcional de viños da denominación someteuse ao xuízo do panel. Estas mostras foron analizadas por cada un dos catadores, que realizaron unha valoración “a cegas” de todas elas, mantendo desta forma criterios de obxectividade ao tratarse de mostras anónimas. A nota final resultou do cálculo da media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo tanto as referencias de brancos como de tintos. Finalmente, esta puntuación trasladouse a unha táboa de correspondencias onde se obtén a cualificación de colleita.
O panel de cata estivo conformado polos seguintes expertos:
– Lorena Alonso (membro representante da Asociación de Enólogos de Galicia).
– Maruxa Alfonso (xornalista de Somos Agro – La Voz de Galicia).
– Javier Pérez (membro do Panel de Cata do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas).
– Vania González (membro do Panel de Cata do Consello Regulador da D.O. Monterrei).
– Begoña Gómez (membro do Panel de Cata do Consello Regulador da D.O. Monterrei).
– Rebeca André (membro do Panel de Cata do Consello Regulador da D.O. Monterrei).
– Alejandro Paadín (editor “Guía de Viños de Galicia”).




