
Os viños da D.O. Monterrei viaxan a Xixón
20/09/2025
Os viños da D.O. Monterrei chegan a Barcelona
26/09/2025A D.O. Monterrei presentou onte os seus viños en Xixón, nun evento tipo showroom no que cultivaron un gran éxito. Polo salón pasaron ao longo da tarde máis de 200 persoas vinculadas ao mundo da gastronomía: hostaleiros, distribuidores, catadores, prensa especializada e comunicadores. Todos eles valoraron moi positivamente as elaboracións que tiveron a oportunidade de catar, ao redor de 50 viños pertencentes a 22 adegas adscritas á DO galega, “unha xoia aínda por descubrir”, como valoraron.
Monterrei busca con estas accións dar a coñecer a denominación, unha das máis novas de Galicia, con apenas 30 anos de vida e que está formada por 29 adegas e máis de 798 hectáreas. Esta D.O., situada no sueste da provincia de Ourense, é coñecida esencialmente polos seus viños a base de uva Godello e Treixadura en branco e Mencía en tinto. Pero esconde moito máis, como viños elaborados con variedades autóctonas cunha presenza moito menor, pero gran complexidade, como Dona Branca, Albariño, Branca de Monterrei, Loureira e Caíño Blanco en canto a uvas brancas e Merenzao, Tempranillo, Sousón e Caíño Tinto en tintas. Unha grata sorpresa para o público asistente ao evento.
Ademais, a D.O. Monterrei é unha das máis diversas de Galicia, ao contar con ata tres tipos de chan distintos (pizarrosos, arenosos e arcillosos) que se expresan de distinta forma nos seus viños. A iso súmase unha gran diferenza de altitude entre as dúas subzonas (val e ladeira), o que fai que os seus viños sexan moi diferentes entre si. O microclima da zona fai o resto, ao ser moito máis caloroso que noutras D.O. galegas, chegando a ser mediterráneo tépedo, pero mantendo a influencia continental.
Todo iso fai da D.O. Monterrei, aínda una das grandes descoñecidas do panorama vitivínicola español, unha xoia por descubrir. De aí a aposta desde o Consello Regulador por este tipo de eventos, para reforzar a imaxe de marca e, sobre todo, abrir novas canles de comercialización para as adegas, ademais de afianzar os existentes.
Con este propósito xa visitaron, ademais de Xixón, Madrid, Mallorca, Valencia, e farán o propio con Bilbao, Sevilla e Barcelona. Como engadido, acábase de aprobar unha modificación do Prego de Condicións que inclúe, por primeira vez, a elaboración de viños rosados. Un exemplo máis de que Monterrei aínda ten moito que ofrecer.




