
A D.O. Monterrei arrinca cara á nova normalidade na Coruña
08/07/2020
A Feira do Viño de Monterrei trasládase ao mundo virtual Verín
03/08/2020A sede do C.R.D.O. Monterrei acolleu unha cata de viños de Monterrei realizada pola Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia.
O equipo de cata estivo conformado por un total de 14 catadores, entre os que se atopaban:
- Alberto Tobes, director de experimentación de la D.O. Ribera del Duero.
- Alejandro Paadín, vicepresidente de la Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia.
- Aurelio Vázquez, presidente de la Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia.
- Javier Facal, sumiller grupo O Sampaio.
- José Dopazo, panel de cata C.R.D.O. Rías Baixas.
- José Miguel Mateos, Asociación de Sumilleres de Zamora.
- Luis Paadín, director de la Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia.
- Manuel Corralero, sumiller Hotel Plaza ****.
- Natalia Cid, sumiller Cantón 23.
- Pablo Franco, director técnico de la D.O.Ca. Rioja.
- Pedro Sestayo, secretario general Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia.
- Santiago Castro, director técnico de la D.O. Toro.
- Vania González, panel de cata C.R.D.O. Monterrei.
- Begoña Gómez, panel de cata C.R.D.O. Monterrei.
Este panel avaliou 48 viños da denominación, 27 brancos e 21 tintos. Ao finalizar a cata, Natalia Cid, realizou unha valoración dos viños catados polo equipo, manifestando que nos viños brancos “mantense a calidade dos últimos anos, cun nariz moi intenso e complexidade en boca, respectando a variedade”. Mentres que os tintos, “da anada 2019 tamén son complexos, marcando variedade e territorio; e os de barrica están moi traballados”. Esta cata serviu para avaliar os viños da comarca para realizar a rolda de clasificación da que resultarán os galardoados coas Distincións Gallaecia 2020, así como para elaborar a “Guía Luís Paadín de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2021”.