
O Concello de Verín colabora coa D.O. Monterrei cun mural promocional na praza García Barbón para proclamar que é “Tempo de Godello”
16/12/2023
O C.R.D.O. Monterrei e o Concello colaborarán na difusión da imaxe de Verín e os viños da comarca
24/01/2024O presidente do C.R.D.O. Monterrei, Jonatás Gago García, e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín, Manuel Alfonso Araujo, asinaron un convenio de colaboración entre as dúas entidades, para a prestación de servizos conxuntos.
Este convenio ademais de levar consigo a cooperación na seguridade na Feira do Viño de Monterrei, tamén contempla a realización de formación en primeiros auxilios a adegueiros/as e membros do Consello Regulador. Trátase da segunda ocasión que esta entidade colabora coa A.V.P.C. Verín, xa que en anos anteriores, axudouse na adquisición dunha carpa para a agrupación, utilizada nos diferentes operativos nos que participa a mesma.




