
A D.O. Monterrei participa no evento ‘Vinos y Viños. Tegueste y Galicia se encuentran’’
18/11/2025
Información aos/as viticultores/as da Denominación de Orixe Monterrei sobre o envío e a data de validación da colleita 2025 e declaración ao FOGGA
03/12/2025O Consello Regulador da D.O. Monterrei impulsou a iniciativa ‘Monterrei Vs Viños Internacionais’, destinada aos integrantes do Panel de Cata e membros do Órgano de Control da entidade.
Unha acción que tivo como obxectivo dar a coñecer a realidade cualitativa de Monterrei respecto á competencia internacional, así como os seus valores diferenciais. Para iso, mostráronse as tendencias do mercado e as estratexias de comercialización. Ademais, os/as asistentes cataron a cegas máis de 20 viños internacionais (de distintos rangos de prezos) e elaboracións tipolóxicas da D.O. Monterrei, que permitiron constatar as diferenzas e similitudes existentes.




