
Showcookings, catas e xogos infantís, actividades paralelas á XVIII Feira do Viño de Monterrei
18/07/2025
Modificación do Prego de Condicións da DOP Monterrei
22/07/2025O presidente do C.R.D.O. Monterrei, Manuel Vázquez Losada, e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín, Manuel Alfonso Araujo, asinaron un convenio de colaboración entre as dúas entidades, para a prestación de servizos conxuntos.
Este convenio ademais de levar consigo a cooperación na seguridade na Feira do Viño de Monterrei, tamén contempla a realización de formación en primeiros auxilios a adegueiros/as e membros do Consello Regulador. Trátase da terceira ocasión que esta entidade colabora coa A.V.P.C. Verín, xa que en anos anteriores, axudouse na adquisición dunha carpa, así como en material para a agrupación, utilizado nos diferentes operativos nos que participa a mesma.




