
O C.R.D.O. Monterrei asina un convenio de colaboración con A.V.P.C. Verín
22/07/2025
A D.O. Monterrei participa na XXVIII Feira do Pemento de Oímbra
24/07/2025Na xornada de hoxe saiu publicada no DOG, a modificación do Prego de Condicións da Denominación de Orixe Protexida Monterrei.
As principais novidades son as seguintes:
- Posibilidade de elaborar viños rosados.
- Ampliación do territorio delimitado. Amplíase o territorio a varias parroquias dos concellos de Monterrei, Cualedro e Laza. Ademais, algunhas parroquias do concello de Riós, que ata o de agora estaban só parcialmente incluídas, agora inclúense na súa totalidade.
- Suprímese a distinción entre variedades preferentes e autorizadas. A única esixencia é que os viños amparados se elaboren con algunha das variedades admitidas para a denominación de orixe.
- Modificación dos rendementos produtivos máximos. A produción máxima de uva por hectárea pasa a ser de 13.200 quilogramos no caso das variedades brancas e de 10.000 quilogramos nas tintas.
- Cambios en parámetros analíticos. Para os viños tintos redúcese a acidez total mínima, pasando a 4,0 gramos por litro de ácido tartárico, e para os brancos auméntase o límite máximo do contido en anhídrido sulfuroso a 200 miligramos por litro.
- Modificación dalgunhas prácticas enolóxicas, coa supresión de tres requisitos que se recollían ata agora, en concreto:
- A prohibición do uso de anacos de madeira na elaboración dos viños e nos procesos posteriores.
- A limitación ás dúas colleitas anteriores, no relativo á posibilidade de mestura dos viños dun ano con ata un 15 % do volume con viños doutras colleitas.
- A obriga de elaborar os viños da DOP Monterrei empregando un mínimo do 60 % de determinadas variedades, que no prego de condicións se consideraban preferentes.
No seguinte enlace pode consultar todo o documento: https://www.domonterrei.wine/wp-content/uploads/2025/07/DOG_Modificacion_PC_DOP_MONTERREI_julio_2025_es.pdf




