
A D.O. Monterrei participa na XXVIII Feira do Pemento de Oímbra
24/07/2025
Tres novos integrantes para a Confraría dos Viños de Monterrei
01/08/2025O Consello Regulador, dentro do seu programa de accións promocionais, acaba de organizar a visita dunha delegación de prescritores madrileños.
Participaron un total de cinco profesionais, entre os que se atopaban Alberto Granados (director Revista Gastroplanet), Emma Sueiro (redactora xefe de Canal Cocina), María Jose Cavadas (Madridiario e Diario Crítico), Elvira Sánchez (blog de Bodegas Catadelvino.com e La Bruja Viri) e Patsy Montiel (CEO Guía Madrid Seduce).
Entre as actividades das que formaron parte atópanse tres túneles de viño (‘Variedades’, ‘Anadas eméritas’ e ‘Vales’), presentación da denominación na sede da entidade e visita ao lagar rupestre Xan Preto. Ademais, coñeceron catro adegas inscritas (Fragas do Lecer, Terras do Cigarrón, Gargalo e Triay), onde descubriron os seus viñedos, instalacións e viños.
“Trátase dunha iniciativa impulsada nos últimos anos, e que quixemos repetir xa que nos permite mostrar in situ o traballo dos nosos viticultores e adegueiros, ademais do terroir, variedades, elaboracións e, por suposto, a nosa cultura e tradición vitivinícola”, destaca o presidente da entidade, Manuel Vázquez Losada.




