
O C.R.D.O. Monterrei promove a acción ‘Monterrei Vs Viños Internacionais’
24/11/2025Anuncio no Boletín Oficial da provincia de Ourense. Nº 232 | Mércores, 3 de decembro de 2025
Mediante o presente anuncio, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, informa a todos/as os seus viticultores/as que, se comunicou oficialmente o día vinte de outubro a “Validación da colleita” outorgada polo Órgano de Control e Certificación do Consello Regulador ás entregas de uva realizadas ás súas titularidades durante a presente colleita 2025, cara adegas inscritas na Denominación de Orixe Monterrei.
A dita “Validación da colleita” foi remitida por correo postal ao domicilio de cada viticultor/a inscrito/a.
Así mesmo, en atención ao recollido na disposición adicional cuarta da Orde do 22 de setembro de 2021, pola que se modifican anexos, prazos e normas procedementais do Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia, e a cláusula segunda do convenio subscrito entre o FOGGA, o AGACAL e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, se vostede previamente autorizou a este Consello Regulador para presentar no seu nome a declaración de colleita da uva amparada na Denominación de Orixe Monterrei ante o FOGGA, dispuxo, segundo o comunicado en carta, ata o día 20 de novembro de 2025 para realizar alegacións á devandita información. Unha vez transcorrido o devandito prazo sen contestación pola súa parte, entenderemos que mostra a súa conformidade con estes datos das entregas de uva da súa explotación, autorizando a que este Consello Regulador os presente como declaración de colleita no seu nome.
No caso de que non nos dese o seu consentimento para presentar a devandita declaración no seu nome, saiba que está obrigado/a a facelo vostede mesmo/a nos prazos que marca a lei, para o que poderá valerse dos datos achegados no documento anexo á devandita validación.
Agradecemos a súa colaboración durante a campaña 2025 facilitando o labor que desempeñan os/as traballadores/as deste Consello Regulador para a comprobación da orixe e calidade dos nosos produtos para poder certificalos coas máximas garantías.
Denominación de Orixe Monterrei. O presidente.
Asdo.: Manuel Vázquez Losada.




