
A D.O. Monterrei presente na XXX Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós
30/10/2025
Os viños da D.O. Monterrei preséntanse ante o público andaluz
07/11/2025Con motivo da celebración do Día Mundial do Enoturismo, a Denominación de Orixe Monterrei, en colaboración coa Ruta do Viño Monterrei, programou unha cata con Mercedes González, sumiller, docente e membro de paneis de cata nacionais e internacionais.
Esta iniciativa que se realizará na sede do Consello Regulador permitirá coñecer diferentes viños da denominación, as súas singularidades e que os fai diferentes aos doutras rexións vitivinícolas. A mesma terá lugar o domingo 09 de novembro, ás 11.30 horas, e para participar será necesario inscribirse previamente en info@domonterrei.com, xa que as prazas son limitadas.
O Día Mundial do Enoturismo é unha celebración promovida pola Rede Europea de Cidades do Viño (RECEVIN), que ten lugar todos os anos o segundo domingo do mes novembro, e que se realiza para potenciar o turismo do viño, así como promocionar e destacar a importancia das rexións vitivinícolas desde o punto de vista económico e cultural. A ela súmanse numerosas entidades, como a de Monterrei, que programan actividades tan diversas como concertos, catas de viño, conferencias ou roteiros, entre outras.




