
A Denominación de Orixe Monterrei participa na Barcelona Wine Week.
30/01/2026
A D.O. Monterrei certifica baixo o seu selo de calidade a súa nova adega, “Father 1943”
27/03/2026A Denominación de Orixe Monterrei volverá estar presente no salón Prowein, que terá lugar do 15 ao 17 de marzo na cidade alemá de Düsseldorf.
Nesta edición, 36 viños (23 brancos e 13 tintos) de 18 adegas representarán a Denominación de Orixe Monterrei nesta feira internacional. As adegas que asistirán a Prowein serán: Minius, Pazo das Tapias, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Terra de Godello, Tabú, Alba Al-Bar, Vía Arxéntea, Crego e Monaguillo, Fragas do Lecer, Manuel Vázquez Losada, Gargalo, Abeledos, Manuel Regueiro García (Serra de Alén), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón e Triay Adegas de Oímbra.
Esta é a sétima ocasión que o C.R.D.O. Monterrei forma parte desta feira vitivinícola, que en 2025 atraeu máis de 42.000 visitantes profesionais de 128 países. Acudirase ao amparo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), xunto coas outras denominacións de orixe vitivinícolas galegas, e baixo o formato ‘Túnel do Viño’ presentarase non só os viños brancos e tintos participantes, senón tamén a rexión vitivinícola, as súas características edafoclimáticas, as tipoloxías de uvas e viños, entre outros aspectos.
“Prowein é unha feira clave para os viños de Monterrei; a nosa presenza neste evento líder no sector da distribución e importación – exportación permitirá que a marca Monterrei e os seus viños sigan posicionandose nos mercados internacionais”, indica Manuel Vázquez Losada, presidente do C.R.D.O. Monterrei.
Sobre a D.O. Monterrei
A D.O.Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas. Abarca os concellos de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra, Castrelo do Val, Laza e Cualedro. Comprende 29 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 852 hectáreas de territorio, nas que traballan 397 viticultores.




