
Mallorca réndese ante os viños de 22 adegas da D.O. Monterrei nun showroom profesional.
04/06/2026A próxima edición da Feira do Viño de Monterrei xa ten cartel anunciador. A proposta seleccionada é a de Carmen Alberto Rodríguez que foi elixida entre un total de 44 traballos presentados ao concurso impulsado polo C.R.D.O. Monterrei.
A autora desta obra é unha artista visual que centra o seu obxectivo como artista é realizar obras que non deixen indiferente ao espectador, que se reformule os seus valores. Resaltar o valor do cotián e facer extraordinario o ordinario.
O xurado encargado de elixir o cartel gañador estivo conformado por Manuel Vázquez, presidente do Consello Regulador do D.O Monterrei, Alberto Fernández e Concepción Paradela, vogais da entidade; Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Conservatorio, Festexos e Turismo do Concello de Verín, María del Pilar Salgado, profesora de Artes e Oficios, Xosé Rivada e Álex Araujo, artistas plásticos.
A XIX Feira do Viño de Monterrei celebrarase en Verín os días 7,8 e 9 de agosto, consolidada xa como unha das grandes citas enogastronómicas de Galicia. Durante tres xornadas, visitantes chegados de distintos puntos de Galicia e Portugal terán a oportunidade de desfrutar os viños da Denominación de Orixe Monterrei cunha programación cultural complementaria que se irá desvelando nas próximas semanas.
Sobre a D.O Monterrei
A D.O. Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra, Castrelo do Val, Laza e Cualedro. Está conformada por 30 adegas. Os viñedos deste D.O. ocupan un total de 852 hectáreas de territorio nas que traballan 397 viticultores.




