A denominación de orixe Monterrei estará presente no Galicia Fórum Gastronómico, que terá lugar do 23 ao 25 de marzo na Coruña.
Na décima edición deste evento enogastronómico, a participación da entidade será baixo o amparo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL). No espazo do Consello Regulador poderanse coñecer os viños das seguintes adegas rexistradas: Trasdovento, Minius, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Vía Arxéntea, Crego e Monaguillo, Fragas do Lecer, Franco Basalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Manuel Regueiro García (Serra de Alén), Manuel Vázquez Losada, Terra de Godello, Terras do Cigarrón e Triay Adegas de Oímbra.
Asímismo, todos/as os/as que se acheguen a este espazo recibirán información sobre o territorio vitivinícola, variedades de uva, características edafoclimáticas ou tipoloxía de viños. Doutra banda, os viños de Monterrei tamén estarán presentes en tres actividades do programa ‘Experiencias de Calidade’ e ‘Galicia sabe amar’, que se realizarán durante o transcurso da feira.
“Despois do éxito da última edición, a denominación aposta por un evento que incide no sector profesional, fundamentalmente distribución e canle Horeca, e que supón unha relevante plataforma para abrir novas canles de comercialización”, indica o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Manuel Vázquez Losada.