
Os viños de 22 adegas do D.O. Monterrei conquistan Marbella
07/05/2026
Os viños do D.O. Monterrei galardoados na 40ª edición dos premios Baco, 1 gran ouro, 5 ouros e 7 pratas
03/06/2026O C.R.D.O. Monterrei acudirá baixo o amparo da Axencia Galega dá Calidade Alimentaria (AGACAL), nunha convocatoria que permitirá potenciar os viños de Monterrei e abrir novas canles de comercialización nesta feira internacional.
A Denominación de Orixe Monterrei presentará os seus viños en formato de túnel de viño, no cal se ofrecerá información sobre o territorio vitivinícola e as súas características, e onde se poderán degustar os viños de 17 adegas rexistradas na denominación: As adegas asistentes son: Minius, Crego e Monaguillo, Pazos do Rey, Terras do Cigarrón, Triay, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Father 1943, Gargalo, Terra de Godello, Daniel Fernández (Alba Al-Bar), Ladairo, Vía Arxéntea, Trasdovento, Pazo de Valdeconde, Fragas do Lecer, Manuel Vázquez Losada e Franco Basalo.
WINEMAD converterá a Madrid en punto de encontro internacional do sector do viño, unha feira internacional dedicada ao sector vitivinícola que reunirá na capital a distribuidores, importadores e compradores profesionais procedentes de distintos mercados internacionais.
“Somos conscientes da importancia de que a singularidade e calidade dos viños de Monterrei estean presentes nesta primeira edición de WineMad, un punto de encontro cunha clara vocación internacional que vai permitir impulsar a proxección dos viños de Monterrei nos mercados globais”, indica o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Manuel Vázquez Losada.
Sobre a D.O Monterrei
A D.O. Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra, Castrelo do Val, Laza e Cualedro. Está conformada por 30 adegas. Os viñedos deste D.O. ocupan un total de 852 hectáreas de territorio nas que traballan 397 viticultores.




