
Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño Monterrei 2026
15/04/2026
A Denominación de Orixe Monterrei viaxa a Madrid para presentar os seus viños na Madrid International Wine Fair (WineMad) do 27 ao 29 de maio.
25/05/2026A Denominación de Orixe Monterrei conquistou a cidade de Marbella o pasado día 4 de maio a través dun showroom con 41 referencias de viño no celebrado no restaurante A Perla Marbella cunha localización privilexiada na milla de ouro da costa do sol.
Neste evento organizado polo propio Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei os asistentes puideron degustar 26 viños brancos e 15 viños tintos de 22 adegas que representaron a Monterrei nesta exclusiva cidade da costa do sol. As adegas asistentes foron: Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Ladairo, Fragas do Lecer, Minius, Daniel Fernández (Alba Al-Bar), Franco Basalo, Trasdovento, Triay, Terras do Cigarrón, Pazo de Valdeconde, Vía Arxéntea, Tabú, Terra de Godello, Gargalo, Father 1943, Crego e Monaguillo, Manuel Regueiro García (Serra de Alén), Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Ramón Bigotes, Quinta do Buble, Jose Luis Gómez Ibáñez (Valderello) e Manuel Vázquez Losada.

O evento centrouse nun showroom dirixido a profesionais do sector da costa do sol en que se reuniron mais de 70 asistentes ofrecendo aos mesmos a posibilidade de en un único espazo degustar a esencia de monterrei e penetrarse na singularidade, a excelencia e a gran calidade dos viños deste selo.
“Marbella é unha cidade imprescindible na que os viños de monterrei teñen que estar presentes, a organización deste evento dirixido a profesionais do sector permitiu aos mesmos coñecer de primeira man o que significa Monterrei, unha unión de calidade e singularidade que non pasou desapercibida entre os asistentes”, indica o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Manuel Vázquez Losada.
Sobre a D.O Monterrei
A D.O. Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra, Castrelo do Val, Laza e Cualedro. Está conformada por 30 adegas. Os viñedos deste D.O. ocupan un total de 852 hectáreas de territorio nas que traballan 397 viticultores.




