A última actividade promocional da D.O. Monterrei, celebrada na Coruña, contou con máis dun centenar de profesionais procedentes de toda a provincia.
Durante catro sesións, e extremando as medidas hixiénico-sanitarias esixidas, membros do sector da restauración e hostalería, catadoras ou distribuidores, entre outros, coñeceron as peculiaridades desta denominación vitivinícola galega. Nesta iniciativa recibiron información sobre as características de chan e clima, variedades de uva, tipoloxías de viño ou importancia da viticultura na historia e economía da comarca.
Entre os asistentes ao Túnel do Viño da D.O. Monterrei na Coruña atopábanse sumilleres como (Árbore da Veira *Michelín), José Luis Cao (Restaurante Divino), Natalia Cid (Grupo Montesquiero), Jacobo Semin (Pulpería Muíño Vello), Eduin Ignacio Vallejo (Taberna Contemporánea EME), Antía Arance (Casa Paquita), Cecilia Fabro (Argentina) o Jorge Cajete (Vinoteca O Carro), entre outros. Así como, Francisco Santiso (export manager Singular Galician Cellars), Marta Juega Rivera (delegada de compras de Alliance Wine), Fernando Estévez (xerente do grupo Cafeterías Herculinas), Manuel Corralero (Distribuciones Pfiema), Jesús López (Crianza Distribución), Iria Taboda (tienda de vinos O Trasno), Daniel Vázquez (Licores Rivas), representantes de Hotel Exe 4*, Pazo de Vilaboa, Central Park, Roots, O Burato, etc.
Así mesmo, os participantes nesta iniciativa da D.O. Monterrei puideron degustar os tintos e brancos das seguintes adegas: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.
Esta iniciativa atópase dentro do ciclo de accións promocionais realizadas pola denominación para este 2021, que permitirá que os viños de Monterrei visiten diferentes cidades do país. “Estas dúas últimas accións están a demostrarnos o importante que é recuperar a promoción cara a cara, presentar o noso produto aos prescritores, achegarlles as peculiaridades do noso territorio vitivinícola, e servir de lanzadeira de comercialización aos nosos asociados”, recoñece a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva.