A denominación de orixe Monterrei participará, do 07 ao 10 de abril na 38ª edición do Salón Gourmets, Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, que terá lugar en Madrid.
Por segundo ano consecutivo, o C.R.D.O. Monterrei acudirá baixo o amparo da Deputación de Ourense e o INORDE, nunha convocatoria creada para promocionar a Ourense como destino enogastronómico de calidade, que non só axudará a potenciar os produtos agroalimentarios da provincia senón tamén a facilitar novas canles de comercialización para os mesmos.
Neste espazo conxunto, a denominación de Monterrei contará cun espazo propio, onde ademais de presentar o territorio vitivinícola e as súas características, poderanse coñecer viños das seguintes adegas rexistradas na denominación: Trasdovento, Minius, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Vía Arxéntea, Crego e Monaguillo, Fragas do Lecer, Franco Basalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Manuel Regueiro García (Serra de Alén), Manuel Vázquez Losada, Terra de Godello, Terras do Cigarrón e Triay Adegas de Oímbra.
Doutra banda, os viños da D.O. Monterrei tamén estarán presentes nas seguintes actividades: shoowcooking organizado polo INORDE e Cociña Ourense (07 de abril, ás 15.30 horas), ‘Parecidos razoables. Obradoiro de diferenciación de especies’ (07 de abril, ás 15.45 horas), Cata de viños da D.O. Monterrei (08 de abril, ás 12 horas), OR.PA.GU. (08 de abril, ás 13.30 horas) e ‘Cata Dalle patata e bótalle grelos’ (09 de abril, ás 16.45 horas).
“Na última edición acudiron máis de 106.000 profesionais, datos que con toda probabilidade superaranse neste 2025, xa que se trata dun evento que congregou a máis de 1.900 expositores, o que permite consolidalo como un dos máis exclusivos de Europa”, recoñece Manuel Vázquez, presidente da entidade. “Por este motivo, volvemos apostar por estar presentes nesta feira, que permite reforzar a marca Monterrei ademais de dar a coñecer os excelentes viños que se elaboran no noso territorio”.