
“Non lle deas máis voltas”, a nova e divertida campaña da D.O. Monterrei
01/06/2025
A XVIII Feira do Viño de Monterrei xa ten o cartel anunciador que ilustrará o evento
06/06/2025O próximo 09 de xuño, a Denominación de Orixe Monterrei aterra en Valencia para presentar a nova anada dos seus viños nun encontro profesional que contará coa participación de 19 adegas. A cita terá lugar en Mercader, o templo gastronómico situado nunha antiga tonelería do século XIX ás portas da Valencia mariñeira.
Alí presentará os seus viños elaborados con dúas das súas variedades máis representativas: Godello, en brancos, e Mencía, en tintos. Nesta ocasión na devandita iniciativa participarán as seguintes adegas: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Fausto Rivero (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada, Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff (Ramón Bigotes) e Terra de Godello.
Esta presentación será o pistoletazo de saída para o “Ruta Viño do Verán D.O. Monterrei” coa que esta denominación de orixe instalarase en locais da talla do propio Mercader, La Marítima, La Ferrera, Bodega Biosca, Vinostrum e Travieso, con diferentes accións na que “Godellos” e “Mencías” tomarán a palabra durante os meses de verán, demostrando que estes viños atlánticos harmonizan coa gastronomía mediterránea. Segundo Manuel Vázquez, presidente do Consello Regulador, “esta iniciativa suporá unha gran oportunidade para as nosas adegas, xa que a través desta ruta, os viños da denominación estarán presentes en mesas e terrazas durante o verán, e así poderán ser descubertos polos valencianos e os turistas que se acheguen á cidade do Turia”.
O éxito que están a cultivar os Godellos de Monterrei no mercado nacional e internacional explícase pola súa autenticidade. Frescura, mineralidade ou equilibrio son algunhas das características destes viños, cuxa máxima é a calidade. Unha calidade en cada fase do proceso, que é recoñecida a nivel nacional e internacional, con premios e recoñecementos en prensa especializada. Pero tamén son recoñecidos os Mencías de Monterrei, que destacan polo seu corpo acidez equilibrada e boa evolución en botella. “Son viños con estrutura, pero sen perder lixeireza, o que os fai moi agradables de beber”, sinala Vázquez.
Fronte a outras rexións galegas máis atlánticas, Monterrei conta cun clima máis continental e unha gran diversidade de chans, que permite elaborar viños con maior estrutura e capacidade de garda, sen perder frescura.
A versatilidade gastronómica é outro dos grandes valores desta denominación, tanto os brancos como os tintos adáptanse a diferentes estilos de cociña, o que converte a Monterrei nunha opción atractiva para a restauración.