
Os viños da D.O. Monterrei chegan ás terrazas e vinotecas de Valencia
04/06/2025
Valencia réndese aos viños da D.O. Monterrei
10/06/2025A próxima edición da Feira do Viño de Monterrei xa ten cartel anunciador. A proposta seleccionada, de Ángel Ligero Martínez, foi elixida entre un total de 56 traballos presentados ao concurso impulsado polo C.R.D.O. Monterrei.
O autor desta obra, presentada baixo o lema “Mi tierra, mi vino, mi fiesta”, é deseñador e pintor. Apaixonado ao mundo do cartelismo onde leva presentándose, desde hai 25 anos, a diferentes concursos. Gañou numerosos deles, como o Festival de Jazz de San Sebastián, Festival de Ortigueira, entroidos de Bilbao, Vitoria ou Conil, festas de Haro, Caudete, San Roques Alfareños ou Cabalgata de Reis Magos de Alcoy, entre outros.
O xurado encargado de elixir o cartel gañador estivo conformado por Manuel Vázquez, presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Alberto Fernández e José Fernando Boo, vogais da entidade; Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Consevatorio, Festexos e Turismo do Concello de Verín, María del Pilar Salgado, profesora de Artes e Oficios, Xosé Rivada e Fernando Barreira, artistas plásticos.